Páxinas

O Valego



Estes días mentres nós estamos a falar nas aulas do territorio lingüístico da nosa lingua, Henrique Costas presenta polas librerías galegas o seu libro O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres-Estremadura) publicado por Xerais.




Como vedes pode ser ben interesante coñecer como o galego se desenvolve alén das nosas fronteiras administrativas actuais.
E xa que falamos de galego no exterior, aproveitaremos para ver o vídeo de Alba e Henar, dúas rapazas do Bierzo.

AVISO IDENTIFICACIÓN DE DOCUMENTOS

Despois de máis de dous meses de curso considérase rematado o prazo de aprendizaxe do protocolo de entrega de traballos e envío de correos electrónicos. 
De agora en diante, cando un correo se entregue correctamente recibirá a súa confirmación de recepción, se é entregado de xeito incorrecto non recibirá nada e considerarase non entregado o traballo.

Protocolo de entrega de traballos (identificación de documentos)


Sinálanse aquí as normas para a correcta identificación de documentos:

Identificación persoal
Estrutura: cursoegrupo_apelido_apelido_nome
*Nos traballos en grupo a identificación será a da persoa que se elixa como voceira ou persoa de contacto do grupo
Ex.:
4A_ponte_patiño_pilar

Arquivo
Estrutura: identificación_nomedoarquivo_nº
*O número indicarase só no caso de arquivos que formen parte de listaxes, p.ex. nos podcast. A numeración realizarase sempre con dous díxitos para o seu correcto arquivado.
Exs.:
4A_ponte_patiño_pilar_olecernamocidade
4A_ponte_patiño_pilar_aprofa_01

Correo electrónico
Estrutura: identificación asunto
Exs.:
4A_ponte_patiño_pilar O lecer na mocidade
4A_ponte_patiño_pilar Dúbida para o exame
4A_ponte_patiño_pilar Podcast Aprofa 01

Asuntos pendentes 2013/11/20



Para mañá xoves 21 de novembro. Comezaredes na clase a realizar as seguintes actividades e rematarédelas na casa.
Libro de texto
Páx. 23: 1, 2.
Páx. 30: 1.
Páx. 32: 4 (a, b, c, d, e).
Páx. 39: 1. 
- Fai un esquema coas ideas principais do contexto histórico e situación sociolingüística no período 1900-1936. (Consulta as páxinas 36-39 do libro de texto para realizalo.)
 ________

* O 26 de novembro remata o prazo para ter entregadas as dúas primeiras entregas dos podcast.

* Para quen teña asuntos pendentes, lémbrovos que o domingo 24 de novembro todo o mundo deberá ter entregados por email os seguintes traballos:
  • Presentación: 30 cousas sobre min.
  • Texto: o meu cuarto.
  • Texto: o lecer na mocidade.
  • Texto: conto de medo.

Léxico - emprego



acredor
adebedar
alugar
alugueiro
asinar
banca
banco
banqueiro
busca de emprego
contía
contrato
contrato laboral
convenio colectivo
crebafolgas
desafiuzamento
desafiuzar
descanso
despedimento
empregado
entidade financeira
euríbor
financiamento
garantir
hipoteca
imposto
indefinido
indemnización
investir
mercado interbancario
orde de desafiuzamento
pagamento
patronal
poxa
prácticas
profesional
rendible
salario
sindicato
soldo
vacacións
venda
xefa
xornada
xuro

Podcast A Tabarra - Surfeando as ondas 01


Nesta cuarta entrega de Podcast A Tabarra traemos un programa de tertulia sobre as formas de lecer na mocidade por Santiago Devesa Lojo, Serxio Picos Souto, Carmen Ríos García e Yaiza Romero Rodríguez de 4A.
Parabéns!


Podcast A Tabarra - GTA V 01


Nesta nova etapa, Podcast A Tabarra inaugúrase coa primeira entrega do programa GTA V sobre videoxogos realizado por Pablo Moure Rañó, Diego Pereira Davila e Alejandro Teira Chouza de 4C. Sabemos que aínda nos queda moito que perfeccionar en canto á técnica, sede comprensivos neste primeira entrega e sorprenderanvos nas seguintes. 
Parabéns para os tres!


Música sen copyright



PÁXINAS DE MÚSICA LIBRES DE COPYRIGHT

2. Audionautrix:  http://audionautix.com/
5. Free music archive: http://freemusicarchive.org/



PÁXINAS DE SONS LIBRES DE COPYRIGHT

2. Audiojungle: http://audiojungle.net/
3. Sampleswarp (Tamén hai música): http://sampleswap.org/ 

Entrada elaborada por Brais Betanzos Senise-Rosales de 4A  coa colaboración doutros compañeiros.

Semana do 4 de novembro

 
Fofografía de Erik Johansson.

- Deberedes traer á aula o libro de lectura obrigatoria Ás de bolboreta de Rosa Aneiros. - O libro deberá estar rematado de ler na súa totalidade.  
- Deberedes traer realizadas no voso caderno de aula as actividades:
28, 29, 30, 38, 39, 41 e 132 da guía de lectura de Ás de bolboreta.
- En cada aula realizaremos a entrevista laboral. As persoas que a teñen que realizar de cada aula xa están avisadas.
- Xa deben estar realizados: no caderno o exercicio 1 da páx. 10 do libro de texto,
os exercicios das páxinas 12 e 13 e a redacción sobre o lecer na mocidade.

* Para calquera dúbida, coma sempre, pilarponteclases@gmail.com

4A Esquema para a redacción "O lecer na mocidade"

Déixovos aquí o esquema pactado para a redacción na aula de 4A. 


Organización pola folga contra a LOMCE


Debido á folga convocada para esta semana fágovos un avance do que deberedes ter ao día para a vindeira semana e que así todo o mundo se organice como queira.
Para respectar o dereito do alumnado que asista á aula nos días de folga, este deberá traer libro de texto e caderno e realizaremos actividades dese libro e doutro que levarei eu. O alumnado que secunde a folga non deberá realizar esas actividades.


 Distribución das sesións de aula da semana do luns 28

1ª Sesión
- Deberedes traer á aula o libro de lectura obrigatoria Ás de bolboreta de Rosa Aneiros.
- Do libro deberedes ter lido como mínimo ata a páx. 91.
- Deberedes traer realizadas no voso caderno de aula as actividades 8 a 22 (ambas as dúas inclusive) da guía de lectura de Ás de bolboreta que se atopan no apartado 1.2
- Cada grupo entregará nun pincho o arquivo co seu Podcast. O pendrive deberá ter como nome o nome do grupo. Lembrade que o arquivo do voso podcast ten que cumprir os seguintes requisitos:
  • Título do programa ao inicio.
  • Duración: 15 minutos.
  • Deberán falar por un período máis ou menos semellante de tempo todos os integrantes do grupo.
  • Deberanse dicir os nomes dos integrantes do grupo, o nivel (4º da ESO) e o centro (IES Pobra do Caramiñal) ao comezo do programa.
  • Se incluídes música deberedes indicar a autoría ou ben no momento da súa reprodución ou ao final do programa.
  • O formato do arquivo deberá ser mp3.
  • O nome do arquivo terá o seguinte formato:
            curso_ + nome programa_ + 01.mp3
      por exemplo
            4A_Aprofa_01.mp3
  • As locutoras e locutores deberán expresarse con fluidez e corrección.

2ª Sesión
- En cada aula realizaremos a entrevista laboral. As persoas que a teñen que realizar de cada aula xa están avisadas.
- Lembramos que xa debería estar realizado no caderno o exercicio 1 da páx. 10 do libro de texto.
- Ademais deberedes realizar tamén no caderno os exercicios das páxinas 12 e 13.

* Para calquera dúbida, coma sempre, pilarponteclases@gmail.com

Partes do corpo

Instalación de Spencer Tunick en Ámsterdan.
PARTES DO CORPO

A CABEZA: o curuto; a cara, face ou faciana; a fronte; a tempa, sen ou vidalla; a orella; o ollo; a cella; o cello; a pálpebra; a pestana; o iris; a pupila ou meniña do ollo; a fazula ou meixela; a bochecha ou o pómulo; o nariz; as ventas do nariz; a boca; o beizo ou labio; o dentame, a dentadura ou a dentición; o dente; o cairo; a moa (moa do xuízo ou moa do siso); a lingua; o padal ou ceo da boca; o veo do padal; a campaíña ou úvula; a gorxa; o queixo; a queixada (rexión da meixela que se corresponde coa mandíbula); a papada, o papo (papo da cara) ou a papeira; o colo ou o pescozo (non se pode utilizar pescozo para as prendas de roupa); a noz; a caluga ou noca.

O TRONCO: o ombreiro ou ombro; a axila ou sobrazo; as costas; a omoplata; o lombo (dende os ombreiros ata a cintura); o cadril (parte baixa a continuación do lombo, pl. os cadrís); o cu; a nádega ou cacha; a regaña do cu; o ano, o fecho ou o ollo do cu; o peito (xenérico); o peito, o seo, a teta ou a mama; a mamila ou o bico do peito; a aréola; o ventre ou abdome; o van ou a cintura; o embigo; a barriga; a cadeira; a pube; a vulva (coloq. a cona); o pene (coloq. o carallo): o testítulo (coloq. o collón ou o ovo).

O BRAZO: o cóbado; o antebrazo; o pulso; a man; o dorso da man; a palma da man; o coteno, cotelo ou cotobelo; a unlla; a xema do dedo; os dedos; o polgar, matapiollos ou cachapiollos; o índice, mostreiro ou furabolos; o corazón, maior ou pai de todos; o anular, mediano, medianiño ou dedo do aro; o maimiño ou pequeniño.

A PERNA: a ingua, éngoa ou virilla; a coxa; o nocello; a sofraxe; a canela; o papo da perna; o nocello, o noelo ou o tornecelo; o pé; a empeña; a deda; a planta do pé; o calcaño, o calcañar ou a calcañeira.

30 cousas sobre min

Instrucións para desenvolver a actividade 30 cousas sobre min, un exercicio para reflexionar sobre quen somos e que lles queremos transmitir aos demais sobre a nosa persoa.



1 - Abre un arquivo no programa de tratamento de textos que uses de forma cotiá (OpenOffice Write, Office Word...) e elabora unha listaxe cos 30 textos que vas querer inserir na túa presentación. Procura que sexan suxestivos e que non se reduzan a reproducir o que xa de por si di a imaxe, senón que engadan información.
2 - Repasa os teus textos e ordénaos de maneira que consigas unha progresión o máis lóxica posible na túa presentación.
3 - Busca no dicionario as palabras que descoñezas ou aquelas das que dubides a súa ortografía.
4 - Pásalle o corrector ao teu texto e leo en voz alta para ver se xa estás perante a versión definitiva.
5 - Busca as imaxes para a túa presentación.
Imaxes propias: realizadas por ti ou por outras persoas das que posúas o copyright.
Imaxes alleas: neste caso deberás procurar imaxes con licenza CC. Onde?
Déixovos aquí enderezos onde poderedes atopar imaxes de boa calidade libres de dereitos comerciais. Lembrade que na maioría dos casos as imaxes seguen a esixir na súa licenza a atribución, isto é, que se indique a súa autoría e/ou o lugar de procedencia.
Flickrcc - buscador de imaxes con licenza CC no portal de fotografía Flickr.
Wikimedia Commons - proxecto colaborativo asociado á Wikipedia que ofrece imaxes, sons e vídeos.
Banco de imaxes INTEF - banco de imaxes e sons do Ministerio de Educación.
Morguefile - buscador de imaxes con diferentes licenzas.
Everystockphoto - funciona a modo de metabuscador porque fai as procuras en varias páxinas ao mesmo tempo.
6 - Cando xa teñas textos e imaxes, vai á páxina de Prezi, se non tes conta, rexístrate e entra na túa conta.
7 - Unha vez na túa conta, se non sabes utilizar a aplicación, podes mirar este titorial, clica na imaxe para velo.




8 - Agora vas a explorar e escribes pilar ponte.





9 - Clicas no usuario e sáeche a seguinte pantalla.





10 - Pos o rato enriba da presentación e clicas en Editar.



11 - Aparéceche esta pantalla onde podes ir substituíndo as imaxes existentes polas túas e inserir os teus textos tamén.




12 - Unha vez remates clicas na icona de GARDAR. Logo vas a COMPARTIR e no menú despregable escolles a opción COMPARTIR PREZI.




13 - En Engadir xente inclúes o meu enderezo pilarponteclases@gmail.com e clicas en ENGADIR.




14 - Por útimo clicas en SAÍR. 


Xa remataches!


*Non esquezas que nos teus correos debes identificarte correctamente no asunto.
Ex. 1C_Ponte_Patiño_Pilar asunto do que se trate

Quitación



Vía Portal das palabras.

Cuestionario inicio de curso

Cubre o cuestionario de inicio de curso ata o final e logo envíao.