Páxinas

A profa 3º ESO: Benvida

A profa 3º ESO: Benvida: Inauguramos este blog que nace como ferramenta para a aula de lingua e literatura galegas en 3º da ESO no IES da Pobra do Caramiñal no c...

Notas 4A


4A

1 – aproba a materia

2 – suspende a materia

3 – aproba a materia

4 – ten que presentarse o xoves coa 1ª e a 3ª avaliacións

5 – aproba a materia

6 – baixa

7 – ten que presentarse o xoves coa 2ª e a 3ª avaliacións

8 – ten que presentarse o xoves coa 1ª e a 3ª avaliacións

9 – aproba a materia

10 – aproba a materia

11 – ten que presentarse o xoves coa 2ª e a 3ª avaliacións

12 – ten que presentarse o xoves coa 1ª e a 2ª avaliacións

13 – aproba a materia

14 – suspende a materia

15 – ten que presentarse o xoves coa 2ª e a 3ª avaliacións

16 – suspende a materia


Notas 4B


4B

1 – aproba a materia

2 – aproba a materia

3 – aproba a materia

4 – ten que presentarse o xoves coa 1ª e a 2ª avaliacións

5 – aproba a materia

6 – suspende a materia

7 – suspende a materia

8 – aproba a materia

9 – aproba a materia

10 – ten que presentarse o xoves coa 1ª e a 3ª avaliacións

11 – aproba a materia

12 – aproba a materia

13 – aproba a materia

14 – suspende a materia

15 – aproba a materia

16 – aproba a materia

17 – aproba a materia

18 – aproba a materia




*En breve as que faltan.

Notas 4C


4C
1 – aproba a materia
2 – suspende a materia
3 – suspende a materia
4 – ten que presentarse o xoves coa 1ª e a 2ª avaliacións
5 – aproba a materia
6 – aproba a materia
7 – suspende a materia
8 – suspende a materia
9 – aproba a materia
10 – aproba a materia
11 – aproba a materia
12 – ten que presentarse o xoves coa 2ª e a 3ª avaliacións
13 – ten que presentarse o xoves coa 2ª e a 3ª avaliacións
14 – aproba a materia
15 – suspende a materia
16 – aproba a materia
17 – suspende a materia

*Ao longo da tarde irei colgando as de 4A e 4B.

Táboa de notas de 4º da ESO

As notas para o exame do xoves presentaranse mañá martes.
O alumnado que teña que presentarse o xoves coa 3ª avaliación poderá ver mañá o seu exame corrixido na aula, no caso do alumnado de 4A verán os exames o mércores.
As persoas que teñan 1 avaliación suspensa automaticamente teñen que presentarse o xoves con esa avaliación.
As persoas que teñan 2 avaliacións suspensas automaticamente teñen que presentarse o xoves coas dúas avaliacións suspensas.
As persoas que suspendan as 3 avaliacións teñen a materia suspensa para setembro.

*Non enviedes emails nin preguntas a través das redes sociais porque non podo atendelas. Estou corrixindo e todo o mundo recibirá as notas ao mesmo tempo.

Traballo obrigatorio de Xosé María Díaz Castro

 
O traballo do que falamos esta semana sobre Díaz Castro é OBRIGATORIO para todo o alumnado de 4º de ESO.
As indicacións están na páxina que creamos para iso.
A realización pode ser individual, en parellas, en tríos ou en cuartetos.
Os integrantes poden ser de diferentes clases de 4º da ESO.
A data de remate de entrega é o día 16 nun pincho nos formatos sinalados.
Para dúbidas, coma sempre, pilarponteclases@gmail.com*

* Os correos que no asunto non traian identificación correcta e tema non serán atendidos.

Traballo para a ponte e a semana do 5 de maio

Comezaremos o noso achegamento ás vandardas poéticas do século XX. Para isto imos utilizar o blog As vangardas



Deseguido enuméranse as actividades que debedes realizar.

1. Le a presentación da unidade e visiona o seu vídeo onde poderás escoitar o manifesto Máis Alá.
2. Contesta á pregunta Que é unha vangarda? a ver onde te leva a túa resposta.
3. O termo "vangarda" servirache de inicio.
4. Repasa a Contextualización histórica que xa coñeces.
5. E por último neste paseo introdutorio, somérxete na Contextualización artística.
Moi ben, xa comezas as saber o fundamental disto das vangardas.
6. Agora divirtámonos un pouco coa lingua. Convídote a visitar a entrada Caligramas e a realizar un propio para unha exposición.


Con isto tedes traballo abondo para cubrir os deberes e as gardas correspondentes.


Catálogo da exposición "Seoane e a vangarda. Os seus mestres, os seus amigos". A Coruña, 2003.

* O martes 6 non acudirei ao instituto, o alumnado de 4C e 4B na hora da clase realizará un caligrama nun folio para unha exposición.

O alumnado que non dispoña de conexión á internet realizará os seguintes traballos que deberá entregar a ordenador por correo electrónico ou nun pincho:
1. Resumo das páxinas 40 a 43 do libro de texto. (2000 caracteres)
2. Páxina 43, exercicios 1 e 2.
3. Texto argumentativo a favor da prohibición da venda de alcol a menores de 18 anos. (2000 caracteres)

Argumentación I


Axenda de traballo para a vindeira semana.
  • 1º Día: Argumentación: páx. 108 (1), páx. 111 (2, 3, 4, 5, 6, 7).
  • 2º Día: Argumentación: páx. 108 (1), páx. 111 (2, 3, 4, 5, 6, 7), páx. 114 (4, 5), páx. 115 (6).
O martes día 29 a 4C e 4B irá unha persoa de garda, aproveitaredes para realizar as actividades do 2ª día.

Semana do 10 de marzo

Páxina 93 - exercicios 2 e 3.
Ademais deberás ter o teu caderno actualizado con todas as actividades pendentes de corrixir.

Entroido

Entroido Viana do Bolo 2009_0098.JPG
Máscara do Entroido de Viana do Bolo
Como tedes traballo abondo, non haberá deberes específicos para o Entroido.
Se o desexades podedes ir avanzando na preparación do exame de avaliación.
Feliz Entroido!

AVISO ENTREGAS 21 DÍAS CO GALEGO

Estou atopando que dentro de moitos correos co asunto ben, veñen os arquivos mal identificados ou sen identificación, así éme imposible ordenar o material e corrixilo.
Lémbrovos por última vez que tanto o ASUNTO como o ARQUIVO teñen que ter o seguinte formato:
1A_apelido_apelido_nome_21DCG_dia01

Non se admitirán aqueles correos ou arquivos entregados de forma incorrecta.

Por falta de tempo, non se enviará correo de aviso daqueles que sexan entregados de xeito incorrecto. 

TODO O MUNDO TEN QUE ENTREGAR TODO BEN!

*Poderanse reenviar arquivos ata o domingo 29.

Ecolingüismo





CUESTIONARIO EXPOSICIÓN:

  1. Quen inventou o termo “ecolingüismo”? Cando?
  2. O ecolingüismo sostén que unha lingua é como un...
  3. Cales son as cinco razóns que xustifican a necesidade de protección dunha lingua?
  4. Unha lingua é cuestión individual dunha falante ou é unha cuestión social.
  5. Cando desaparece unha lingua segundo a UNESCO?
  6. Cantos idiomas se estima que poden desaparecer cada ano no séc. XXI?
  7. Que pasou en Galicia en só 12 anos (entre 1992 e 2004)?
  8. Que linguas están en perigo de extinción na Península segundo a UNESCO?
  9. De quen depende que unha lingua perdure?
  10. Que barreiras di a estudosa Goretti Sanmartín que hai que superar?
  11. Que significa normalizar o uso dunha lingua?
  12. Que documento europeo protexe as linguas?

Corasóns




Velaquí tedes 3 exemplos de alumnado do IES FÉLIX MURIEL de Rianxo.


CON AMOR, PASIÑO A PASIÑO

21 Días co Galego

Do 3 ao 23 de febreiro de 2014 estivemos aquí.

http://21diascogalego.blogspot.com.es

Semana do 27 de xaneiro

A vindeira semana:
- Veremos as fases de elaboración do proxecto Amores estraños.
- Continuaremos co estudo dos tipos de texto formais.
- Teredes que explicar o significado e realizar unha oración con cada unha das seguintes palabras e expresións da lectura de 2044 de Eduardo Santiago das páxs. 46-47 do libro de texto.

regueiro - inaccesible - vantaxe - quenda de palabra - infinidade - simbolismo - connotación - mergullarse - indagar - pitagórico/a - antigüidade - equinoccio - recompilar - principiar - degoiro - enigma - agochar - intrigante - ópera prima - literatura distópica - perverso/a - manipulador/a - vindeiro/a 

Made in Galiza - 1ª semana

Arrincamos con Made in Galiza, para estudar esta obra imos utilizar a guía de lectura Lendo Made in Galiza.
  • O compromiso de lectura é ter lido para o xoves 23 de febreiro ata a páxina 26 incluída, isto é, os cinco primeiros textos da obra.
  • Do apartado Antes de leres o libro, realiza as actividades 4, 5, 6 e 7. 
  • Do texto Curtametraxe, realiza a actividade 80.
  • [Actividade de carácter voluntario] Do texto Uf, realiza o podcast da actividade 225.