A vindeira semana:
- Veremos as fases de elaboración do proxecto Amores estraños.
- Continuaremos co estudo dos tipos de texto formais.
- Teredes que explicar o significado e realizar unha oración con cada unha das seguintes palabras e expresións da lectura de 2044 de Eduardo Santiago das páxs. 46-47 do libro de texto.
regueiro - inaccesible - vantaxe - quenda de palabra - infinidade - simbolismo - connotación - mergullarse - indagar - pitagórico/a - antigüidade - equinoccio - recompilar - principiar - degoiro - enigma - agochar - intrigante - ópera prima - literatura distópica - perverso/a - manipulador/a - vindeiro/a
Made in Galiza - 1ª semana
Arrincamos con Made in Galiza, para estudar esta obra imos utilizar a guía de lectura Lendo Made in Galiza.
- O compromiso de lectura é ter lido para o xoves 23 de febreiro ata a páxina 26 incluída, isto é, os cinco primeiros textos da obra.
- Do apartado Antes de leres o libro, realiza as actividades 4, 5, 6 e 7.
- Do texto Curtametraxe, realiza a actividade 80.
- [Actividade de carácter voluntario] Do texto Uf, realiza o podcast da actividade 225.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)