Páxinas

A entrevista de traballo I





DÚAS TAREFAS:

* Estas dúas tarefas son para a segunda sesión de clase da semana, realízaas sen buscar información complementaria, só con aquelas ideas que a ti se che ocorran.

1. Ás 16:00 do martes recibes unha chamada, confirmándoche que entraches nunha fase de selección previa e que o mércores ás 16:00 terás unha entrevista de traballo para a oferta de emprego que seleccionaches no xornal (no exercicio 4 da páxina 94 do libro de texto).
Redacta no teu caderno todo aquilo que farías antes de comezar a entrevista. Pídese que a resposta sexa redactada, non en forma de esquema. Non esquezas repasar o escrito e buscar no dicionario aquelas palabras que descoñezas ou sobre as que teñas dúbida.

2. Despois de coñecer os tipos de contrato laboral, o currículo e a carta de presentación, agora tócache a ti facer de persoa empregadora. Ás 16:00 do mércores terás unha entrevista coas persoas candidatas ao posto de traballo que quere cubrir a túa empresa (o mesmo que elixiches no exercicio 4 da páxina 94 do libro de texto).
Redacta no teu caderno a entrevista que lles vas realizar ás persoas candidatas. Ten en conta que as túas cuestións deben ter en conta o posto de traballo de que se trate e mais o tipo de contrato que desexes realizar. Non esquezas repasar o escrito e buscar no dicionario aquelas palabras que descoñezas ou sobre as que teñas dúbida.

*Queda anulada a actividade do Instagram.
** Elimináronse todos os comentarios en castelán, a lingua vehicular deste blog de aula é o galego. De agora en diante non se publicarán comentarios sen identificación.

Andrea Maceiras


1 - Rematar a lectura de Europa Express  de Andrea Maceiras (o libro ten que estar lido para o luns 30 de novembro).

Visita a ficha de Andrea Maceiras  no Centro de Documentación da AELG.

2 - Centro de Documentación da AELG.
2.1. Que é a AELG? Que podemos atopar no seu Centro de Documentación?
2.2. A ficha de cada autora ou autor no Centro de Documentación en cantas partes se estrutura? Cales son e que se pode atopar en cada unha delas?
2.3. Atópaslle algún tipo de utilidade a este Centro de Documentación? Para que che pode valer no futuro?

3 - Coñezamos a autora. Despois de visitar a ficha de Andrea Maceiras no Centro de Documentación da AELG contesta as seguintes cuestións:
3.1. Indica algún aspecto da súa biografía.
3.2. Por que di que comezou a escribir? Cres que sería posible que te converteses en escritora ou escritor se aínda non o es?
3.3. Que tipos de libros lle gustan? Coincide cos teus gustos? Que tipo de libros che gustan a ti?

__________________________
4 - Realiza os seguintes exercicios sobre o currículo.
Páx. 93: 2, 3
Páx. 94: 4, 5

*De momento non tedes que entregar o traballo dos medios de comunicación porque imos continuar con el este luns na aula de informática.


Aula de informática 9/11/15

Realiza as seguintes tarefas do Portal das Palabras:

Canto sabes - A morte
Mira que din - Violencia de xénero
Só unha vale - En que andas pensando
Setestrelo - Sete palabras recollidas por Said Armesto
Setestrelo - As follas das árbores
Escolle 3 palabras de cada setestrelo e inventa unha oración con cada unha delas (en total son 6 oracións).

Para o vindeiro día de clase: exercicios 4 e 5 da páx. 70 do libro de texto sobre reclamacións.


Pola ponte do Pilar...

Fotografía de Suso Bande.

Pola ponte do Pilar,
mellor non traballar.

Pois o dito, unha única encarga lúdica, le algo que che guste en galego (pode ser unha noticia, un libro, un cómic...), escoita algo en galego ou mira algo en galego (unha peli, un vídeo...), o que ti queiras, e logo recoméndallelo ao resto do alumnado cun comentario na nosa páxina de Facebook e un link onde poida atopar máis información.
Déixovos un exemplo:

DOCUMENTOS DA VIDA COTIÁ: O CONTRATO LABORAL 1

Viñeta de Luis Davila.


CONTRATO DE TRABALLO EN PRÁCTICAS

Páxina 1

Páxina 2

Páxina 3

Páxina 4
Páxinas 5 a 10: conteñen as distintas cláusulas específicas.

Páxina 11




*Algúns dos datos requiridos nas respostas non están contidos no documento e deberán buscarse noutras fontes de información.

1. Este contrato ten 7 partes, completa o esquema:
  1. Tipo de contrato

  2. Datos da conta de cotización


  3. Cláusulas


2. Que significan CIF, NIF e NIE? Que nome reciben este tipo de palabras?
3. Que é a razón social dunha empresa? E o seu enderezo social?
4. O contrato esténdese por triplicado. Indica para quen é cada un dos tres exemplares.
5. Que significa que o/a traballador/a “reúne os requisitos esixidos para a celebración do presente contrato”?
6. Cal é a diferenza entre a xornada de traballo a tempo completo e a tempo parcial?
7. Que é a retribución total?
8. Que significa que a empresa á finalización do contrato estea obrigada a expedir un certificado? Que significa expedir? Que é un certificado? Que se ten que facer constar nese certificado? Ten algunha vantaxe para o/a traballador/a?
9. Que é a vixencia do contrato?
10. Quen ten que asinar o contrato? Onde se asina?

https://www.facebook.com/aprofa4eso

Temos unha páxina na rede social Facebook na que poderemos ir actualizando os contidos aquí aparecidos e outros que poidan ser do noso interese.

https://www.facebook.com/aprofa4eso


Traballo para o luns 28 de setembro de 2015

Viñeta tomada de O Bichero de Luis Davila.
Na historia da lingua e a literatura imos comezar repasando cuestións xerais.

1 - Realiza o esquema Historia da lingua galega I (sécs. IX-XIX) a partir da información das páxinas 20 e 21 do libro de texto.
2 - Realiza o esquema Literatura Galega I (sécs. XX e XXI) a partir da información das páxinas 22 e 23 do libro de texto.
3 - Realiza o ex. 1 de ordenar etapas da páx. 23.
4 - Realiza o ex. 2 de clasificar etapas da páx. 23.