Páxinas

A entrevista de traballo I





DÚAS TAREFAS:

* Estas dúas tarefas son para a segunda sesión de clase da semana, realízaas sen buscar información complementaria, só con aquelas ideas que a ti se che ocorran.

1. Ás 16:00 do martes recibes unha chamada, confirmándoche que entraches nunha fase de selección previa e que o mércores ás 16:00 terás unha entrevista de traballo para a oferta de emprego que seleccionaches no xornal (no exercicio 4 da páxina 94 do libro de texto).
Redacta no teu caderno todo aquilo que farías antes de comezar a entrevista. Pídese que a resposta sexa redactada, non en forma de esquema. Non esquezas repasar o escrito e buscar no dicionario aquelas palabras que descoñezas ou sobre as que teñas dúbida.

2. Despois de coñecer os tipos de contrato laboral, o currículo e a carta de presentación, agora tócache a ti facer de persoa empregadora. Ás 16:00 do mércores terás unha entrevista coas persoas candidatas ao posto de traballo que quere cubrir a túa empresa (o mesmo que elixiches no exercicio 4 da páxina 94 do libro de texto).
Redacta no teu caderno a entrevista que lles vas realizar ás persoas candidatas. Ten en conta que as túas cuestións deben ter en conta o posto de traballo de que se trate e mais o tipo de contrato que desexes realizar. Non esquezas repasar o escrito e buscar no dicionario aquelas palabras que descoñezas ou sobre as que teñas dúbida.

*Queda anulada a actividade do Instagram.
** Elimináronse todos os comentarios en castelán, a lingua vehicular deste blog de aula é o galego. De agora en diante non se publicarán comentarios sen identificación.

Andrea Maceiras


1 - Rematar a lectura de Europa Express  de Andrea Maceiras (o libro ten que estar lido para o luns 30 de novembro).

Visita a ficha de Andrea Maceiras  no Centro de Documentación da AELG.

2 - Centro de Documentación da AELG.
2.1. Que é a AELG? Que podemos atopar no seu Centro de Documentación?
2.2. A ficha de cada autora ou autor no Centro de Documentación en cantas partes se estrutura? Cales son e que se pode atopar en cada unha delas?
2.3. Atópaslle algún tipo de utilidade a este Centro de Documentación? Para que che pode valer no futuro?

3 - Coñezamos a autora. Despois de visitar a ficha de Andrea Maceiras no Centro de Documentación da AELG contesta as seguintes cuestións:
3.1. Indica algún aspecto da súa biografía.
3.2. Por que di que comezou a escribir? Cres que sería posible que te converteses en escritora ou escritor se aínda non o es?
3.3. Que tipos de libros lle gustan? Coincide cos teus gustos? Que tipo de libros che gustan a ti?

__________________________
4 - Realiza os seguintes exercicios sobre o currículo.
Páx. 93: 2, 3
Páx. 94: 4, 5

*De momento non tedes que entregar o traballo dos medios de comunicación porque imos continuar con el este luns na aula de informática.


Aula de informática 9/11/15

Realiza as seguintes tarefas do Portal das Palabras:

Canto sabes - A morte
Mira que din - Violencia de xénero
Só unha vale - En que andas pensando
Setestrelo - Sete palabras recollidas por Said Armesto
Setestrelo - As follas das árbores
Escolle 3 palabras de cada setestrelo e inventa unha oración con cada unha delas (en total son 6 oracións).

Para o vindeiro día de clase: exercicios 4 e 5 da páx. 70 do libro de texto sobre reclamacións.