Páxinas

COUSAS de Castelao 01



Comezamos a lectura colectiva de Cousas de Castelao co texto O pai de Migueliño.

Como xa vimos na aula, unha das características da prosa de Castelao é a súa facilidade para recrear escenas e ambientes. Isto fai que os seus textos se presenten como ideais para a súa adaptación ao cine.
Como exemplo disto, velaquí tedes a curtametraxe realizada por Miguel Castelo hai case xa 40 anos! (en 1977) sobre esta tan fermosa como crúa Cousa do autor de Rianxo.



  • Que lle engade Miguel Castelo ao texto orixinal? Que significado ten para a historia?
  •  Agora tócache a ti darnos a túa interpretación dun texto do libro de Castelao. Para comezares deixa un comentario nesta entrada reservando o texto que elixiches e indicando a túa aula (por exemplo: "Chamábanlle a Marquesiña" 4C). Lembrade que en cada aula non se poden repetir os textos.

#21diascogalego en código

Lendo unha entrada moi interesante de Xogos de Lingua de Carlos Medrano descubrín O código dos bailaríns.
  • Que é o código dos bailaríns?
  • Con que obra literaria se relaciona? De que autor da literatura universal? Cales son as obras máis coñecidas dese autor?
  • Cal é a cita de Castelao que se agacha na publicación de Carlos Medrano?

Velaquí tes o Código dos bailaríns. 



E aquí unha mensaxe secreta:


  • Descubre a mensaxe oculta e gaña positivazos!

  • Se che apetece seguir xogando, inventa unha mensaxe positiva para o galego e cífraa co código dos bailaríns. Pódeste axudar deste xerador automático. Captura a imaxe e publícaa no teu Twitter co cancelo #21diascogalego.

Os propósitos de Aninovo

Tes propósitos de Aninovo?
Esta TED do enxeñeiro de software Matt Cutts fala de como conseguir novos hábitos en 30 días. Este relatorio quizais che sirva de axuda non só agora, senón en calquera altura do ano porque sempre é  un bo momento para emprender novas aventuras persoais.





Cando comeza o ano, ou un novo curso, moitas persoas teñen o costume de realizar propósitos que logo unha importante porcentaxe da poboación non leva a cabo. En moitas ocasións o que falla é que asumimos propósitos que non son adecuados.


O orador (speaker) e instrutor (trainer) internacional RubénTurienzo indica unha serie de características que deben reunir os nosos propósitos para ser correctos para nós. É o denominado código MARTE segundo o cal, un bo propósito debe ser:

MMedible (Debe poder cuantificarse en que medida te vas achegando achegando á meta)

AAlcanzable (Adaptado ás túas capacidades, habilidades e contexto actual)

RRetador (Supón un reto para ti e te fai mellor)

TTemporal (Podes establecer un tempo concreto para a súa consecución ou para o seu desenvolvemento en caso de que se trate dun reto que requira algún tipo de adestramento)

EEspecífico (Ten un obxectivo concreto facilmente definible)

E o teu propósito cumpre o código MARTE?

Fontes:
Lázaro, M. (2013, decembro). Los ocho errores de la lista de propósitos de 2014. El Huffington Post. Recuperado de: http://www.huffingtonpost.es/2013/12/31/propositos-ano-2014_n_4523854.html 
Solano, F. (2014, xuño). Rubén Turienzo Conferencista español nos habla del código Marte. Radio Caracol. Recuperado de: http://caracol.com.co/programa/2014/06/16/audios/1402928160_277539.html