Páxinas

Control 2ª avaliación



Materia que se vai avaliar no control:

1. Tipos de texto traballados no curso.
2. Léxico do curso ata ese día.
3. Cuestións de lingüística

Nas preguntas de lingüística poderán realizarse cuestións como as seguintes:


  1. Que é unha variedade dialectal ou dialecto?
  2. En que se diferencia unha lingua dun dialecto?
  3. Todas as linguas teñen dialectos? Xustifica a túa resposta.
  4. Explica as diferenzas entre lingua e dialecto utilizando as seguintes palabras e expresións: linguas románicas, latín, galego, castelán, italiano, éuscaro e portugués.
  5. Cales son os bloques dialectais do galego? Que territorios abrangue cada un deles?
  6. Que trazos caracterizan as falas do bloque occidental? Onde podemos atopalas?
  7. Que áreas dialectais existen no bloque occidental? Indica dúas características lingüísticas de cada unha delas?
  8. Que trazos caracterizan as falas do bloque central? Onde podemos atopalas?
  9. Que trazos caracterizan as falas do bloque oriental? Onde podemos atopalas? 
  10. Cantas linguas existen neste momento do mundo? En cantos Estados se distribúen? Cantas linguas están en perigo de desaparición a curto ou medio prazo? A que fai referencia a expresión "diversidade lingüística"?
  11. Explica os conceptos Estado monolingüe e Estado plurilingüe e sinala exemplos deles.
  12. Que teñen en común o multilingüismo e o plurilingüismo? A que se refire o multilingüismo? A que se refire o plurilingüismo? Poden ser simultáneos multilingüismo e plurilingüismo? Xustifica a túa resposta.
  13. Cantas linguas autóctonas se falan no Estado español? Cales son? 
  14. Onde se fala o galego? Cantos falantes se estima que ten o galego? Cantos deles están no territorio galego? Cal é o seu recoñecemento legal?
  15. Onde se fala o catalán? Cantos falantes se estima que ten o catalán? Cal é o seu recoñecemento legal?
  16. Onde se fala o éuscaro? Cantos falantes se estima que ten? Cal é o seu recoñecemento legal?  
  17. A que fan referencia os conceptos "lingua maioritaria" e "lingua minoritaria"?
  18. Sinala as diferentes situacións en que se pode atopar unha lingua en función do seu recoñecemento legal.  
  19. Cales son os principais cambios sociais en Galicia a finais do século XX?
  20. Que sinala en canto á lingua a Lei Xeral de Educación? De que ano é?
  21. Que sinala en canto á lingua o Decreto de 1975?
  22. Que sinala en canto á lingua a Constitución Española? De que ano é?
  23. Que sinala en canto á lingua o Estatuto de Autonomía de Galicia? De que ano é?
  24. Que sinala o artigo 5º, 3 do Estatuto de Autonomía de Galicia?
  25. Que sinala en canto á lingua a Lei de Normalización Lingüística? De que ano é?
  26. A que se refiren as expresións "uso normal" e "uso oficial" do galego?
  27. Que 3 elementos deben conxugarse para que se dea a normalización?
  28. Que establece a Lei de Normalización Lingüística en relación ao ensino do galego?
  29. Que é o estándar lingüístico?







Semana do 15 de febreiro de 2016



4A 
luns
Aproveitaredes o luns para ir preparando as preguntas de sociolingüística de cara ao exame que logo seguiredes preparando na casa.
mércores e xoves
Expoñeranse Cousas de Castelao e seguiremos cos contidos de sociolingüística.

4B
luns, xoves e venres
Expoñeranse Cousas de Castelao e seguiremos cos contidos de sociolingüística.
Deberedes ir preparando as preguntas de sociolingüística de cara ao exame na casa.

4C
luns
Aproveitaredes o luns para ir preparando as preguntas de sociolingüística de cara ao exame que logo seguiredes preparando na casa.
martes e venres
Expoñeranse Cousas de Castelao e seguiremos cos contidos de sociolingüística.

*Lembrade que as exposicións serán todas seguidas unhas doutras co cal todo o alumnado deberá ir preparado para cando lle poida tocar expoñer.